CRTVG

Buscar

Mellora a imaxe da Formación Profesional pola súa empregabilidade

Publicado o 01/07/2019 16:08

Un estudo sobre a situación da Educación en España confirma a boa saúde da FP galega e recomenda potenciar a orientación nos centros. O informe foi elaborado por Educa 2020 e a Fundación AXA. Realizaron 19.000 enquisas a pais e nais, mil delas en Galicia. 

O informe incide no por que do desequilibrio entre a oferta educativa e a demanda empresarial. "As empresas están buscando carreiras STEM e Formación Profesional que é basicamente o que os pais e os alumnos non queren", di Fernando Jáuregui, presidente do proxecto Educa 2020.

Coma no resto de España as familias galegas prefiren o bacharelato de Ciencias aos tecnolóxicos. A FP segue sendo o patiño feo da educación. Pero a imaxe mellora en Galicia. Danlle un sete sobre dez, medio punto por riba da media nacional. Atraídos, din, pola empregabilidade. "Non hai mellor maneira de convencer que o feito de escoitar que o meu fillo fixo FP e xa está a traballar, ou tardou dous meses en encontrear traballo", asegura Carmen Pomar, conselleira de Educación. 

Para falar da futura inserción laboral, prioriozan a consulta en Internet por riba do titor e orientar dos seus fillos. Algo que, segundo o estudo, hai que cambiar potenciando a orientaió nos centros. Se a economía o permite, a unha ampla maioría dos enquisados non lle importaría que os seus fillos e fillas estuden fóra. Pero tamén é maioría a que quere que volvan para traballar en Galicia.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/07/2019