CRTVG

Buscar

Santiago, Vigo e Pontevedra, no nivel baixo de restricións a partir do sábado

Publicado o 31/08/2021 20:34

• Melide pasa ao máximo, xunto con Ordes e Monforte

 

O comité clínico que asesora a Xunta na xestión da pandemia acordou que o concello de Melide pase ao nivel máximo de restricións, xunto con Ordes e Monforte de Lemos.

O grupo de expertos tamén estableceu o nivel alto para os concellos de Agolada, Arzúa, Lalín, O Pino, Trazo, Curtis, Cee, Cerceda, Muxía, Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Vilalba, A Pastoriza, Castro de Rei, Meira, O Saviñao, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Ares e A Cañiza.

No nivel medio quedarían os municipios da Coruña, Arteixo, Cabana de Bergantiños, Carballo, Corcubión, Malpica de Bergantiños, Oleiros, Oza-Cesuras, Ponteceso, Zas, Aranga, Betanzos, Camariñas, Fisterra, Santa Comba, Silleda, Boimorto, Frades, Muros, Noia, Santiso, Tordoia, Ferrol, Chantada, Lugo, Outeiro de Rei, Baralla, Cospeito, Taboada, A Rúa, Ourense, O Barco de Valdeorras, Verín, Bueu, Poio, Sanxenxo, Gondomar, Pazos de Borbén, Ponteareas, Redondela e Nigrán. 

Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo. 

Todas estas medidas entrarán en vigor á medianoite deste sábado, 4 de setembro.

Noticias web

31/08/2021