CRTVG

Buscar

Melchor, Gaspar e Baltasar visitan os hospitais galegos

Publicado o 04/01/2019 16:29

Chegaron este ano por aire a terras galegas. A comitiva dos Magos de Oriente aterraba no aeroporto de Alvedro para comezar as visitas previas á gran noite da ilusión.

Pero a primeira visita na axenda estaba xa reservada. A primeira parada dos Reis foi no hospital para visitar aos nenos que pasan estas datas recuperándose dalgunha doenza. Unha das afortunadas foi Mireia que recibiu como adianto dos seus agasallos esta boneca que lle servirá para facer máis levadeiros os días no hospital.

Melchor: "Non hai nada mellor que ver estes nenos. É o momento que estamos agardando todo o ano".

Acompañados polos paxes que trasportaban os agasallos, os Reis foron visitando cada un dos cuartos para recoller as cartas que aínda quedaron pendentes. Pero tamén lles poñen deberes para os nenos.

Baltasar: "Que lles axuden aos pais nas tarefas da casa, que fagan os deberes. E que poñan tamén os zapatos".

A esta hora os Magos descansan despois da súa esgotadora viaxe. Todo está preparado para que mañá percorran Galicia enteira para cumprir a ilusión de cada neno.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/01/2019