CRTVG

Buscar

Melbourne, a cidade con peor calidade do aire do mundo

Publicado o 14/01/2020 06:30
Melbourne, a cidade con peor calidade do aire do mundo

A caída das temperaturas en Australia está axudando na loita contra o lume que veñen mantendo os bombeiros desde hai meses pero non todo o que trae con ela é positivo: esa baixada do mercurio dos termómetros permitiu que un fume denso se instalara sobre a cidade de Melbourne e iso fixo que a calidade do aire se disparara esta noite ata niveis perigosos, converténdose na peor de todo o mundo.

Mellorou algo nas últimas horas, pero as autoridades avisan de que se espera que siga sendo mala ou moi mala polo menos ata o final desta semana: chaman a cidadanía a telo en conta e ínstana a que respecte as indicacións que vaian dando, especialmente aos grupos de risco, entre os que están nenos, maiores e enfermos crónicos. O sindicato da construción urxiu a suspender os traballos ao aire libre e a situación está causando problemas na fase previa do Aberto de Australia de tenis.

A día de hoxe, o país é o terceiro que ten peor calidade do aire.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí