CRTVG

Buscar

O Goberno reclama xudicialmente o pazo de Meirás tras asegurar que venda a Franco foi fraudulenta

Publicado o 11/07/2019 10:31

O Goberno reclama xudicialmente aos Franco o pazo de Meirás, pois asegura que a venda ao ditador foi fraudulenta.

A Avogacía do Estado atopou unha acta notarial da compra de Meirás por Franco en 1941, pero a propiedade xa fora adquirida en 1938 pola Xunta pro Pazo por máis de 400.000 pesetas. É dicir, que os sucesores de Emilia Pardo Bazán venderon as Torres de Meirás dúas veces. A Avogacía do Estado di que con ese contrato se quería crear a aparencia de compra por Franco por un prezo "irrisorio" de 85.000 pesetas cando xa exercía a propiedade. A demanda presentouse no Xulgado de primeira instancia da Coruña.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2019