CRTVG

Buscar

Mehdi Nafti, presentado como o novo adestrador do Lugo: "Non son mellor nin peor que o anterior"

Publicado o 15/10/2020 21:26

Tino Saqués explica a destitución de Juanfran

O presidente do Lugo describiu así o décimo adestrador do seu mandato. "É intenso e pasional". Mehdi Nafti non quere entrar no vestiario co papel de malo, tralo despido de Juanfran. "Non son o malo que vén quitarlle o sitio a alguén. Non son mellor nin peor que o anterior adestrador. Veño comer o mundo e demostrar que merezo o salto á Segunda".

Tino Saqués explicou a destitución de Juanfran, basicamente un adestrador para un sprint e non para unha carreira de fondo. Di que fichalo foi un acerto. "A xestión de Juanfran foi incrible. Aquilo era un sprint e agora ven unha carreira de fondo".

Das cinco xornadas o presidente non lle gustaron nin as catro derrotas nin o xogo nin as sensacións: "Non se viu o resultado a nivel de estrutura e identidade do equipo. Tantos adestradores?... se non manobras podes ter un resultado final que non é o que che gustaría".

O novo adestrador puxo o acento nos goles recibidos. "Hai que cortar a billa porque oito goles en cinco xornadas cheira bastante mal".

O Lugo de Nafti pasará o primeiro exame este sábado en Castellón.

Noticias web

15/10/2020