CRTVG

Buscar

Nafti: "Gustaríame levar os tres puntos. Imos cun punto, pero fáltanme dous"

Publicado o 12/01/2021 13:49

• Manu Barreiro empata de penalti no derradeiro minuto do partido, e os lucenses acaban a primeira volta con 28 puntos

Mehdi Nafti, adestrador do C. D. Lugo, recoñeceu que o Sabadell "estivo mellor ca nós na primeira parte". Neste sentido, destacou: "Acumularon xente por dentro e fixéronnos dano, aínda que o gol tivo a súa orixe nunha banda". De todos os xeitos, destacou que o C. D. Lugo "fixo un bo segundo tempo".

Na súa opinión, "os cambios refrescaron as pernas do noso equipo e o empate foi moi xusto". "Conclusións que saco tras o partido de Sabadell: gustaríame levar os tres puntos. Imos cun punto, pero fáltanme dous", dixo o adestrador.

Noticias web

12/01/2021