Mehdi Nafti despídese do Lugo agradecido
Publicado o 01/03/2021 20:28
Mehdi Nafti despediuse esta tarde da afección a través das redes sociais. Dá as grazas aos futbolistas polo seu esforzo e colaboración para obter, di, un grandísimo rendemento. Agradece tamén á directiva que confiase nel e recoñece que marcha triste pero non arrepentido de aceptar o reto.
Vaise Mehdi Nafti, décimo adestrador da era Tino Saqués, coa mágoa de non celebrar un triunfo coa afección no Anxo Carro pero orgulloso do seu paso por Lugo.