Mehdi Nafti: "Cando estás nun club modesto como o Lugo, sabes que vas ter máis tormentas ca días de sol"
Publicado o 19/02/2021 17:18
O Lugo vai recibir este domingo no Anxo Carro o Logroñés. E di Nafti que a derrota en Oviedo non pasará factura.
O equipo rioxano ten tres puntos menos que o Lugo e leva cinco partidos sen gañar. Neste 2021 só logrou un triunfo e como visitante acumula doce puntos no que vai de liga. Acaba de caer co Alcorcón e de cambiar de porteiro titular.
Medhi Nafti, adestrador do Lugo: "As derrotas non pasan factura. Cando estas nun club modesto como o C. D. Lugo, sabes que vas ter máis tormentas ca días de sol".