Mehdi Nafti: "A tranquilidade conséguese agora"
O Lugo non quere volver deixar os deberes para o final. Mehdi Nafti apremia o equipo para resolver a permanencia o antes posible, empezando polo primeiro partido contra o Tenerife.
Nafti: "Se queremos evitar chegar coa auga ó pescozo, a empezar xa mañá, a tranquilidade conséguese mañá"
Nafti recupera a Iriome e ó Puma Rodríguez pero perde a Gerard Valentín por cumprir ciclo de cartóns, unha baixa sensible na banda. Tampouco xogará a última fichaxe o central Bakari N'Diaye, pra quen Nafti pide paciencia.
Nafti: "Bakari é central, bastante alto e forte e espero que nos dea a contundencia que nos falte nun momento dado. Nion hai que esixirlle moito porque son os seus primeiros pasos en Europa"
O Lugo é o decimo clasificado. Empatou o último partido co Sabadell, co penalti de Barreiro no último minuto e tamén o anterior na casa, o 0-0 contra o Sporting.