CRTVG

Buscar

Meghan Markle e o príncipe Henrique xa son pais do seu primeiro fillo, un neno

Publicado o 06/05/2019 18:20
Meghan Markle e o príncipe Henrique xa son pais do seu primeiro fillo, un neno

Os británicos celebran o nacemento do fillo dos duques de Sussex, Meghan e Henrique. O bebé mais esperado, a pesar de  ser o sétimo na liña de sucesión ao trono, naceu ás 6 da mañá. O príncipe Harry, en solitario, compareceu esta tarde ante os medios,  no castelo de Windsor. 

Agradeceu as mostras de agarimo do pobo británico e confirmou que se trata dun neno, e que nai e fillo están ben. O resto dos detalles: o nome, o título que ostentará, e mesmo se naceu na casa ou nun hospital, desvelaranse o próximo mércores como manda o protocolo da Casa Real británica.

Noticias web

06/05/2019