CRTVG

Buscar

Medran un 20% as condenas a menores por delitos sexuais

Publicado o 20/09/2019 19:42

Segundo o último informe do Instituto Nacional de Estatística, os delitos de natureza sexual aumentaron un 23 por cento en España no último ano. 2.754 persoas foron condenadas en firme por abuso, agresión sexual e violación.

Delas, 323 foron menores de idade. Chama a atención o dato porque representa un 20 por cento máis que o ano anterior. No caso dos adultos, a cifra tamén medrou, un 6,6 por cento.

Con todo, os delitos máis frecuentes entre a poboación adulta foron os relacionados coa seguridade viaria e os furtos.

O informe do Instituto Nacional de Estatística sitúa Galicia como a sétima comunidade de España onde se cometen máis delitos, pero a última en canto a taxa de condenas a adultos, e a penúlitma no caso de condenas a menores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/09/2019