CRTVG

Buscar

Medran as incautacións de cocaína en Galicia e o tráfico por internet de medicamentos ilegais

Publicado o 05/06/2019 15:00

Medran as incautacións de cocaína, con catro toneladas comisadas en Galicia no que levamos de ano, estáncanse as de heroína e increméntase, de forma alarmante, un novo tráfico ilegal que usa Internet para comerciar. Fernando Rodríguez, tenente da Garda Civil, di que cada vez hai máis comercio en liña deste tipo de substancias, que se converten nun perigo alarmante.

Medicamentos ilegais e novas substancias aínda sen catalogar súmanse ás vellas coñecidas como a cocaína, que segue tendo, nos portos galegos, unha das vías de entrada a Europa, pero xa non a única. Alxeciras, Valencia ou portos holandeses reciben boa parte da droga que hai décadas unicamente entraba por Galicia. Aquí, os narcos especializáronse como transportistas que, segundo a policía, pouco teñen que ver coas series de televisión. "As últimas series de televisión mitificaron a figura do narcotraficante. Eu creo que o 90 por cento da sociedade rexeita este tipo de delincuentes", di Emilio Rodríguez, responsable da Unidade Greco Galicia. 

Contedores en barcos de pesca ou veleiros, dobres fondos, o propio interior do corpo humano seguen a ser os escondedoiros da droga e, mesmo así, as redes do narcotráfico van por diante. "Eles van sempre por diante, e nós temos que aprender das detencións que realizamos", recoñece Fernando Rodríguez. 

A Fundación Galega contra o Narcotráfico, organizadora desta xornada, apunta tamén, como reto de futuro, evitar a multirreincidencia dos narcos a través do cumprimento íntegro das penas.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/06/2019

Máis sobre actualidade

Barco 3 - 0 Somozas
15/09/2019 23:26
Fabrl 4 - 1 Alondras
15/09/2019 23:13
Vilalbés 4 - 0 Arzúa
15/09/2019 23:13
U.D. Ourense 0 - 1 Choco
15/09/2019 23:13