CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Medran as explotacións de agricultura ecolóxica en Galicia

Publicado o 06/01/2016 14:13
En Galicia medran ano a ano os agricultores e gandeiros que se apuntan á practica das explotacións ecolóxicas. Á calidade e sabor dos nosos produtos outorgáselle así o valor engadido da salubridade que proporciona este tipo de crianzas e cultivos.






Nos últimos 15 anos o número de produtores ecolóxicos en Galicia aumentou un 60 por cento.
En Galicia hai 732 operadores ecolóxicos entre produtores, elaboradores e comercializadores. No 1997 só eran 11.
Este crecemento demostra o interese que esperta este nicho de mercado, que cada vez ten tamén máis demanda entre os consumidores.

"Non hai tratamentos raros de fitosanitarios nos produtos dos que se vai alimentar o animal, que son uns produtos e materias primas naturais. Iso quere dicir que estamos a comer un produto con garantías. Con garantías sanitarias, que é o máis importante.", explica Mouriño.

A meirande parte das explotacións ecolóxicas céntranse na cría de xatos, pero tamén no gando ovino, porcino e nos ovos, queixos, cogomelos, leite, hortalizas e verduras.

O solo de Galicia, moi rico en materia orgánica, é ideal para a produción ecolóxica.
A excelencia do sabor e os criterios de salubridade con que son criados os animais e cultivados os vexetais son un valor engadido aos nosos produtos e facilitan unha alternativa de futuro para agricultores e gandeiros.

Lugo é a provincia que lidera a produción ecolóxica en Galicia.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí