CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Medra o número de doantes de medula ósea

Publicado o 14/09/2018 14:55

Medra o número de doadores e doadoras de medula ósea na nosa comunidade, un dato que coñecemos na véspera da celebración do seu día mundial. Galicia supera xa os 11.000 cidadáns rexistrados, e semella que a cifra vai seguir aumentando grazas á concienciación social que se leva a cabo a través de diferentes campañas.

11.093 doadores e doadoras de medula ósea. É a cifra exacta rexistrada na Axencia de doazón de órganos e sangue nestes momentos. Un número que supón un aumento do 21 por cento das persoas que se suman a esta base de datos.

Este sábado conmemórase o Día Mundial do Doador de médula, e por iso nesta xornada lémbranse os requisitos que se esixen para formar parte deste rexistro.

Nos seis primerios meses do ano, a nosa comunidade incrementou o numero de doantes nun 21 por cento, superando en nove puntos a media nacional.

A médula ósea é un tecido que non se pode obter de xeito artificial, e permite salvar a vida de moitos doentes. De aí a importancia de ter un bo rexistro. O Plan Nacional prevía acadar os 400.000 doadores en 2020, unha cifra á que se agarda chegar antes de que remate este ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí