CRTVG

Buscar

Medra o número de denuncias por violencia machista en Galicia e xa son 19 por día

Publicado o 10/08/2019 11:03

1.736 mulleres presentaron denuncias por violencia machista en Galicia entre xaneiro e marzo. Son 19 denuncias por día. No que vai de ano, a Xunta outorgou axudas económicas a 398 vítimas da violencia de xénero, que incluíu por primeira vez indeminizacións aos orfos e a mulleres gravemente feridas.

O número de denuncias aumentou con respecto ao pasado, igual que aumentaron as ordes de protección: de media outórganse en Galicia 4 cada día.

A Xunta incrementou o apoio psicolóxico ás mulleres que sofren malos tratos e aos seus fillos. E tamén as axudas económicas, no que vai de ano xa se deron 398, 100 máis que o ano pasado. 

Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade: "Neste 2019 puxemos en marcha dúas novas liñas de indemnizacións: unha para menores de 30 anos que quedaran orfos pola violencia machista, e outra para mulleres que queden gravemente feridas e que requiran hospitalización. Tivemos dous casos destes en Galicia".

A secretaria xeral de igualdade recoñece que os datos son inasumibles, e que a educación en igualdade é a chave para erradicar a da violencia machista. Como dato positivo, asegurou que o 77 por cento das vítimas consigue saír do problema.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2019