CRTVG

Buscar

Medra o interese por mercar casas no rural

Publicado o 18/08/2020 21:34

A busca pola rede de casas á venda no rural subiu na provincia de Ourense un 8%, desde xaneiro pasou dun 27,7% a un 35,1% en xuño.

Un interese por vivir no rural que medrou, en xeral, despois do confinamento, en xente de fóra de Galicia e tamén de fóra de España. Buscan a tranquilidade e o contacto coa natureza.

Segundo o estudo dun coñecido portal inmobiliario, as procuras de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes medraron un 3% en Galicia. Onde máis subiron foi en Lugo e Ourense. O Concello do Pereiro de Aguiar é un exemplo dese aumento da demanda.

O teletraballo e a tensión do confinamento nos pisos nas cidades está a provocar un cambio de tendencia na busca de vivenda. E para estes pequenos concello pode supoñer unha oportunidade para frear o despoboamento.

Noticias web

18/08/2020