CRTVG

Buscar

Medra en Galicia o número de turistas ligados ao mundo do viño

Publicado o 24/10/2018 14:47

O número de turistas movidos polo viño medrou en 2017 un 18 por cento respecto ao ano pasado. Trátase, normalmente, dun turista de proximidade que adoita gastar de media uns 161 euros por día, máis ca outro tipo de turista. O reto, din os expertos, é incrementar o número de extranxeiros que actualmente só representa o 26 por cento.

Visitar adegas, descubrir os segredos do viño a través de catas, realizar rutas de sendeirismo entre bancais ou participar nos traballos da vendima. Son algunhas das experiencias de enoturismo que podemos realizar en Galicia pero o abano de posibilidades é moi amplo.

Iso é o que aprenden a facer neste curso. Deseñar e promover experiencias de enoturismo.
Trátase dun mundo que engancha e move ao ano máis de tres millóns de visitantes en toda España onde existen preto dunha trintena de rutas do viño. Só a das Rías Baixas, o ano pasado recibiu a visita de máis de 115 mil turistas.

O número de turistas movidos polo viño medrou en 2017 un 18 por cento respecto a ano pasado. Trátase normalmente dun turista de proximidade que adoita gastar de media uns 161 euros por día, máis que outro tipo de turista. O reto, din os expertos, é incrementar o número  de extranxeiros que actualmente só representa o 26 por cento.

 

 





 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/10/2018