CRTVG

Buscar

Chegan ata o 70 % as parcelas limpas ao carón das vivendas nas zonas afectadas polo lume

Publicado o 28/07/2021 16:02

Cada vez son máis os que cumpren coa obriga de manter limpas as parcelas que se atopan arredor das aldeas. Preto do 70 por cento das que supervisa a Xunta de Galicia en colaboración cos concellos. 

Os supervisores de prevención de incendios comproban hoxe o estado da faixa de protección na aldea da Xesteira, en Boborás. Calculan o custo da limpeza e notifícaselle ao propietario, que está obrigado a limpala. É un traballo que levan facendo dende finais de maio. Inspeccionaron máis de 180.000 parcelas naquelas zonas máis afectadas polo lume.

As parcelas ou ben as limparon os propietarios ou ben Seaga cun custo de 350 euros por hectárea para os donos grazas ao convenio da Xunta cos concellos. Para poder continuar con estes traballos vanse contratar 30 supervisores máis. O obxectivo é manter limpos os 50 metros de protección ao carón das vivendas para afastar o lume das aldeas.

Noticias web

28/07/2021