CRTVG

Buscar

Medra a tensión no barrio coruñés de Palavea pola presenza de 'okupas'

Publicado o 19/06/2020 14:45

A tensión medra día a día no barrio coruñés de Palavea. Os veciños din que xa non aguantan máis e con estas pancartas piden que se axilice o desafiuzamento dos ocupantes ilegais deste inmoble, antes de que haxa unha desgraza.

Hai anos que o edificio está ocupado, pero din que nunca viviron situacións coma a de agora.
Esta mesma semana un dos veciños da zona recibía unha malleira pola que tivo que ser trasladado ao hospital.

Non desbotan organizarse en patrullas e vixiar eles mesmos a zona, ao tempo que reclaman unha intervención urxente das autoridades.

Noticias web

19/06/2020