CRTVG

Buscar

Medra a importancia da venda de peixe e verduras porta a porta

Publicado o 08/05/2020 15:36

Andrea Fernández reparte peixe de martes a venres. Máscara, luvas e distancia de seguridade coa clientela. O seu traballo non mudou durante o coronavirus, pero ten esa importancia das cousas que só se botan en falta cando deixan de estar.

O porta a porta tamén é a páctica de Anita Dacosta. Vendedora habitual do Mercado de Alimentos Labrego de Teo, agora achega as verduras ata os domicilios das clientas, un servizo cómodo e resolutivo.

Unha chamada que tamén é o compromiso individual coas que van seguir estando aí se o coronavirus marcha.

Noticias web

08/05/2020