Medra a demanda nos concesarios polo plan de axudas do Goberno para a compra de automóbiles novos
Publicado o 16/06/2020 14:18
Son algúns dos clientes que se achegaron nesta primeira xornada ao concesionario. Ofertas para eliminar stock que se unen as novas axudas que varian en función do nivel de contaminación e a eficiencia enerxética do coche que se merque. Van dende os 400 euros dos vehículos de combustión aos 4.000 dos eléctricos.
Entre as novidades deste novo plan está o incremento de axudas cando se entrega un coche de máis de 20 anos. Galicia é a comunidade, como lembra Eva André, xerente do concesario Hyupersa de Ourense, con máis vehículos desta idade en toda España
Outra das novidades é unha axuda extra para as rendas inferior aos 1.500 euros. Como requisito, entregar para o despezamento un coche de máis de 10 anos.