CRTVG

Buscar

Medra a demanda de menús de autor

Publicado o 08/05/2020 21:49


Alén Tarrío prepara prepara para levar algún dos pratos estrela do Pampín Bar. Hai dous meses que os seus clientes non poden desfrutar no local dos seus famosos escabeches ou da empanada de millo e el foi un dos primeiros en darse conta de que era necesario adaptarse. Dende hai unhas semanas ofrece os seus pratos a domicilio. Empezou só, pero o éxito da proposta xa lle permitiu sacar do ERTE outras dúas persoas.

Tamén Jorge Cobo, do restaurante A Maceta deciiíu sumarse a esta opción e agora prepara para levar os pratos polos que suspiran os seus clientes.

Os dous coinciden en que as circunstancias mudaron pola forza a súa forma de traballar e tamén modificaron a relación cos seus clientes.

De momento, din, seguirán cos seus restaurantes pechados á espera de poder traballar con todas as garantías de seguridade para os seus clientes. Mentres esperamos quédanos o consolo de que as súas cociñas seguen abertas.
 

Noticias web

08/05/2020