Atopan un corpo aboiando no río en Salvaterra de Miño
Publicado o 31/07/2019 21:43
Varios particulares alertaron esta tarde de que viran un corpo aboiando no río Miño, nunha zona próxima á ponte que conecta con Portugal en Salvaterra. Medios españoles e tamén portugueses afanáronse na busca, na que tamén participou a Policía, a Garda Civil, Protección Civil e os bombeiros. Finalmente, a poucos metros do punto onde varias testemuñas alertaran da presenza do corpo, nunha zona próxima á ponte internacional que conecta con Portugal, foi atopado un cadáver polos mergulladores de Monçao. Podería confirmarse a identidade da muller de nacionalidade brasileira da que alertaran da súa desaparición.