CRTVG

Buscar

Medio Rural ratifica os cambios na normativa da IXP Mel de Galicia

Publicado o 07/08/2020 15:18

A identificación do mel de melada, que poderá levar a mención 'mel de bosque' na súa etiqueta, é unha das novidades máis importantes no cambio da normativa. A Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, coa colaboración do Laboratorio de aerobioloxía e apicultura do campus de Ourense, leva tempo traballando nisto.

Esther Ordóñez, presidenta da IXP Mel de Galicia, sinala que "hai moita produción do mel de carballo e quería caracterizarse desde hai tempo. Conseguimos facelo coa Universidade de Vigo para podelo meter no noso prego de condicións". Os cambios na normativa tamén lle afectan ao mel de breixo.

No sector piden aos consumidores que apoien o Mel de Galicia. Lembran que a súa contraetiqueta é unha garantía de calidade. "Non só a calidade diferenciada e a garantía de orixe, que só é mel galego, senón que ademais, as abellas e os apicultores están facendo a polinización que nos interesa a todos", lembra Ordóñez.

Agora, o sector agarda a aprobación definitiva dos novos cambios, pendentes da súa tramitación nas administracións estatal e europea.

Noticias web

07/08/2020