CRTVG

Buscar

Medio Rural pon en macha o grao de agroecoloxía

Publicado o 02/09/2019 17:10

O novo grao medio de agroecoloxía impartirase de xeito regrado no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Pedro Murias, en Ribadeo, que dispón de terreos certificados como ecolóxicos, e en oferta modular no Centro de Sergude, en Boqueixón, pensado para aqueles profesionais que xa estean traballando:

En total a Consellería do Medio Rural conta con 6 centros de formación agroforestal: son os de Becerreá, Guísamo, en Bergondo, Lourizán, en Pontevedra, Monforte de Lemos, Pedro Murias, en Ribadeo, e Sergude, en Boqueixón, en que se imparten sete titulacións de formación profesional agraria, 4 de grao medio e 3 de grao superior.

A estes graos hai que engadir a oferta de formación continua, que dende Medio Rural queren priorizar en función das demandas do sector:

Desde hoxe e ata o 10 de setembro está aberto o prazo de presentación de solicitudes para aquelas prazas que aínda quedaran libres nestes e en calquera outro dos ciclos de formación profesional de Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/09/2019