CRTVG

Buscar

Medio Rural anuncia unha nova lei de prevención de incendios centrada no abandono de terras

Publicado o 17/12/2019 14:56

O conselleiro de Medio Rural explicou hoxe no Consello Forestal de Galicia a futura lei de recuperación e posta en valor da terra agraria.

José González anunciou que o proxecto estase empezando a tramitar. A norma, que recolle 22 puntos do ditame que a comisión parlamentaria forestal elaborou tras a vaga de incendios de outubro de 2017, ten como principal obxectivo loitar contra o abandono das terras e dos bosques, anticiparse aos incendios e recuperar densidade demográfica. O conselleiro iniciou tamén neste consello as consultas para elaborar unha nova norma de prevención e extinción de incendios. 

"A redacción dunha nova lei de prevención e exintinción de incendios de Galicia. Logo do que leva pasado desde outubro de 2017, a comisión de estudos, o ditame dos expertos no Parlamento, entendemos que é o momento de afrontar unha nova lexislación, feita cun proceso participativo, onde queremos que estea a universidade galega, o servizo de extinción de incendios de Galicia e, por suposto, as entidades que representan o sector", anunciou José González, conselleiro do Medio Rural.

Noticias web

17/12/2019