CRTVG

Buscar

Medio Rural anuncia na Mesa da Limia unha lei para regular as xurras

Publicado o 03/04/2019 16:27

Primeira xuntanza da Mesa da Limia, un foro en que administracións, gandeiros, agricultores e ecoloxistas buscarán fórmulas para unha mellor xestión dos residuos gandeiros da comarca. A contaminación xerada polas explotacións intensivas de gando e a necesaria mellora dos sistemas de evacuación dos xurros centraron boa parte da xuntanza, en que o conselleiro do Medio Rural anunciou que o seu departamento prepara unha lei para regular este tema. 

José González, conselleiro do Medio Rural: "No ámbito do tratamento dos xurros, nós hoxe anunciamos que estamos desenvolvendo o borrador dunha lei dese tratamento que vai traer consigo un sistema de tratamento dos propios xurros".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/04/2019