CRTVG

Buscar

Medio millón de traballadoras do fogar agardan a decisión da xustiza europea sobre o paro

Publicado o 01/10/2021 14:47

O caso arrancou coa denuncia dunha traballadora de Vigo cando a Tesourería Xeral da Seguridade Social lle denegou o acceso á prestación por desemprego.

Para o avogado xeral da Unión Europea, isto é unha desigualdade de trato en detrimento das mulleres, e está baseada en estereotipos e, polo tanto, convértea en contraria ao dereito comunitario. Tamén no Constitucional falan da igualdade.

O letrado marca o camiño que poden sentenciar definitivamente os maxistrados do Tribunal de Xustiza Europeo, o que abriría a porta a un aluvión de reclamacións por parte das traballadoras domésticas.

Hai que agardar a sentenza do Tribunal de Xustiza Europeo, que suporía un cambio lexistalivo para España.

Noticias web

01/10/2021