CRTVG

Buscar

Medio millón de estadounidenses, en alerta por Dorian

Publicado o 02/09/2019 21:37

Con vento de 185 quilómetros por hora e refachos que poden chegar aos 220, o rumbo de Dorian segue sendo incerto. Os meteorólogos esperan que o furacán pase pola coste leste dos Estados Unidos, por lugares como A Florida , Xeorxia, e Carolina do Norte e do Sur, pero sen entrar de cheo.

Con todo, as autoridades advertiron de que aínda que o Dorian non entre en terra e quede no mar, os seus efectos poden poñer en perigo as localidades costeiras. O gobernador da Florida decretou a evacuación obrigatoria das persoas que viven en casas móbiles ou en zonas baixas ou anegables. As evacuacións son voluntarias nos lugares de menos risco. Desde a Casa Branca aseguran que o presidente Trump está seguindo a evolución do furacán e que decretou o estado de emerxencia nos tres estados para poder mobilizar a axuda federal que se precise.

Nas Bahamas, Dorian deixou graves danos en infraestruturas, cortes de luz e miles de casas destruídas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/09/2019