CRTVG

Buscar

Medio milleiro de persoas asistiron ao Festival da Luz en Boimorto

Publicado o 12/09/2020 22:28

A pesar das dificultades que supón organizar este ano un festival de música en directo a artista de Boimorto decidiu tirar para adiante, adaptar o certame ás circustancias e volver facer de anfritrioa na súa casa natal.

A media tarde actuaba o dúo de trap galego Boyanka Kostova nesta edición especial e reducida do Festival da Luz no que participaron sete agrupacións galegas.

As pacas da herba fan aquí de marcos. Separan as leiras nas que se parcelou o espazo destinado ao píblico teñen capacidade para un máximo de dez persoas, e nelas hai xel e máscaras para os asistentes.

As 550 entradas postas á venda esgotáronse en poucas horas.



 

Noticias web

12/09/2020