CRTVG

Buscar

Medio cento de orquestras participan esta fin de semana no Festival de Verbenas

Publicado o 25/09/2021 22:10

Esta fin de semana ata 50 formacións participan no Festival de Verbenas que se celebra en varias localidades. Trátase dunha iniciativa da Xunta para apoiar as orquestras e axudarlles así a facer fronte aos efectos que a pandemia lle ocasionou a este sector, un dos máis castigados.

Haberá actuacións en Narón, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Vigo e na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Son actuacións ao aire libre, de balde co público de pé e cunha capacidade máxima de mil persoas. Hai división, iso si, entre sectores, para garantir a distancia física.  

Noticias web

25/09/2021