CRTVG

Buscar

Medio cento de menores da contorna de Chernóbil chegan a Galicia para pasar o verán

Publicado o 29/06/2019 18:47

Un total de 56 menores rusos chegaron hoxe a Santiago para pasar o verán con familias galegas. Con idades comprendidas entre os 7 e os 17 anos, viven nunha das zonas máis afectadas pola radiación de Chernóbil. A Asociación Ledicia Cativa leva case vinte e cinco anos organizando estas viaxes dirixidas a familias en situación económica e social difícil.

Proceden da rexión rusa de Briansk, a máis afectada pola radiación de Chernóbil. Van pasar o verán con 55 familias galegas. Vlad leva nove anos viaxando á Coruña cada verán. Recoñece que ao principio foi duro pero que agora séntese coma na casa.

Entre a cativada, nove veñen por primeira vez pero a gran maioría repite experiencia. Desta volta, estarán en Galicia ata o vindeiro 29 de agosto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/06/2019