CRTVG

Buscar

Medio cento de informadores acreditáronse para contar o xuízo

Publicado o 28/10/2019 15:11

Máis de medio cento de profesionais da información estaban acreditados para facer a cobertura do que vai ser un dos xuízos máis mediáticos do ano. Xornalistas, fotógrafos e cámaras de 33 medios déronse cita esta mañá ás portas dos xulgados composteláns.

Irma Frigenti: "Foi un caso moi medíatico tamén polo tipo de desaparición que foi, unha rapaza nova de 18 anos, unha familia polémica que empezaron a airear os seus trapos sucios nos medios... E, claro, isto xera moita expectación".

Nacho Abad: "É un procedemento que hai que seguir, para determinar a condena ou non ao Chicle. O que vai pasar na sala é que se vai ver o enorme traballo que fixo a UCO da Garda Civil e a Policía Xudicial da Coruña na investigación".

Todo estaba preparado para seguir a vista que se ía celebrar no salón de vodas do xulgado para contar con máis espazo, unha sala que acolleu outros xuízos mediáticos como o do asasisanto de Asunta Basterra. Tamén se habilitou unha sala de prensa para que os medios puidesen seguir as sesións a través dunha pantalla. Finalmente o xuízo adiouse, pero a expectación mantense.

Irma Frigenti: "Ademais, isto era algo co que ninguén contaba, todos pensabamos que o xuízo ía arrincar e que ía seguir o seu curso. Pero como este caso deu tantas voltas, tantos xiros e tantas sorpresas, ben, esta é unha máis, pero a expectación mediática por suposto que se mantén".

Imaxes coma esta vanse volver repetir o 11 de novembro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/10/2019