CRTVG

Buscar

Medio cento de autores na Feria do Libro de Vigo, a segunda que abre en España

Publicado o 25/06/2020 14:06

Comezou en Vigo a Feira do Libro, o segundo evento destas características que se celebra este ano en España, condicionados pola pandemia do coronavirus.

Ata o 4 de xullo, medio cento de escritores achegarán o seu traballo ao público e asinarán exemplares dos seus libros. Será nas oito casetas instaladas na rúa do Príncipe, na contorna do Museo Marco.

Este ano non están programadas actividades paralelas e haberá que respectar todas as medidas de prevención para garantir a seguridade dos asistentes. A feira, que fai 46 anos de historia, celébrase lembrándolles aos lectores que os libros non contaxian, pero enganchan.

Noticias web

25/06/2020