CRTVG

Buscar

49 mortos e 22 feridos tras estrelarse un avión de Bangladesh no Nepal

Publicado o 13/03/2018 09:47

Un avión de Bangladesh esnafrouse no aeroporto da capital do Nepal, deixando 49 persoas mortas e 22 feridos. Segundo parece, houbo un erro de comunicación entre a torre de control e os pilotos sobre a pista onde debía aterrar. A aeronave acabou colidindo contra un campo de fútbol próximo, o que dificultou aínda máis os labores de rescate entre os cascallos. A maioría dos pasaxeiros eran de Bangladesh e do Nepal. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018