CRTVG

Buscar

Medio centenar de arxelinos en corentena fúganse de madrugada dun pavillón en Cartaxena

Publicado o 01/08/2020 15:16

Medio centenar de arxelinos en corentena fugáronse de madrugada dun pavillón en Cartaxena. Gardas civís e policías xa  localizaron a quince dos inmigrantes en distintos puntos da cidade.

 

Chegaron a estas instalacións hai tres días, procedentes da dársena de Escombreras, para gardar corentena por estar en contacto con positivos por coronavirus. Algúns dos fuxidos poderían xa protagonizaran un episodio similar hai uns días.

Noticias web

01/08/2020