Medio Ambiente presenta as Directrices da paisaxe, as normas que deberán cumprir todos os novos proxectos
Publicado o 16/11/2020 15:12
A partir do próximo ano, calquera proxecto que afecte o territorio deberá ter en conta os valores paisaxísticos en todas as súas fases.
É unha das novidades das directrices da paisaxe, que hoxe presentou a conselleira de Medio Ambiente. O documento recolle normas de planificación sectorial e urbanística. Como exemplo, os tendidos e redes eléctricas deberán ser subterráneos nos novos proxectos. E buscarase o menor impacto visual de parques eólicos, canteiras e minas. O obxectivo é protexer a paisaxe como un dos valores de Galicia.
Máis sobre actualidade
25/02/2021 22:09
25/02/2021 21:26