Medio Ambiente pidelles ás protectoras que fagan achegas á lei de benestar animal
Publicado o 01/07/2020 15:36
A Xunta anima as protectoras a colaborar no futuro regulamento da Lei de benestar animal. A conselleira de Medio Ambiente lembroulles aos representantes dos centros de acollidas de mascotas de Galicia, cos que mantivo unha xuntanza, que xa está aberto o prazo para presentar achegas a esta lei que entre outras medidas concretará os mínimos hixiénico sanitarios para os animais de compañía.