Medidores de CO2 nos campus da Coruña e Ferrol para controlar a calidade do aire durante as probas da ABAU
Publicado o 07/06/2021 19:01
Nas aulas as portas e xanelas deberán permanecer abertas para manter unha boa ventilación, pero a maiores a UDC decidiu instalar medidores de dióxido de carbono para controlar a calidade do aire.
Son medidores de última xeración. A da Coruña é a primeira universidade galega en adoptar esta medida e instalou máis de cincuenta para as probas da ABAU.
Estas medicións de CO2 forman parte dun proxecto de investigación.
No campus de Ferrol tamén se farán medicións na Escola Politécnica Superior e na Facultade de Humanidades e Documentación.