CRTVG

Buscar

A Xunta activa o proceso para poder gastar o superávit de 2018 e aproba o plan Pladiga

Publicado o 03/05/2019 09:06

A Xunta activa o mecanismo para poder gastar este mesmo verán, sen autorización do Executivo central, o superávit do ano pasado. 

Dos 130 millóns, 22 irán a sanidade e haberá tamén 48 millóns para investimentos.  O Consello aprobaba o mecanismo que permitirá licitar as primeiras obras: melloras en centros de ensino público e actuacións no medio rural. 

Aprobado o plan PLADIGA, de prevención e defensa dos incendios forestaris de Galicia 2019. Amplíase de 4 a 5 meses o despregamento de persoal fixo descontinuo, polo que se disporá destes efectivos entre os meses de xuño a outubro. En total, o Pladiga incorpora a vixilancia aérea a través de drons e implica uns 7.000 efectivos entre persoal galego e estatal, incorpora a vixilancia aérea a través de drons e amais disporase dunha trintena de medios aéreos e 360 motobombas.

 

Noticias web

03/05/2019