CRTVG

Buscar

Mantense o toque de queda e o peche perimetral en Galicia

Publicado o 23/02/2021 13:02

O luns, a vida regresa aos campus galegos. Retómanse as clases presenciais e realizaranse cribados entre os alumnos para unha volta máis segura ás aulas. Tamén se retoma a formación presencial nas escolas oficiais de idiomas e os conservatorios de música e danza, que levaban con clases online desde hai un mes.

Polo que respecta á actividade comercial, a principal novidade afecta as grandes superficies. Os centros comerciais poden reabrir as fins de semana, iso si, con ocupacións limitadas ao 50 por cento da súa capacidade, como o resto do comercio, que xa retomara os horarios habituais o mércores pasado.

O toque de retirada mantense en toda Galicia co mesmo horario: entre as 10 da noite e as 6 da mañá só se pode estar estar na rúa por cuestións laborais ou sanitarias, como ir ao médico, á farmacia ou ao veterinario.

Mantense tamén o peche perimetral de Galicia. Ninguén pode entrar nin saír da nosa comunidade sen unha razón xustificada.

Noticias web

23/02/2021