CRTVG

Buscar

Médicos residentes aprenden a operar a corazón aberto no CHUAC

Publicado o 19/09/2019 21:36

Practican o que será nun futuro o seu día a día profesional. Para estes 16 médicos residentes que se forman na especialidade de cirurxía cardíaca esta é a primeira toma de contacto cunha mesa de operacións.

Aprenden a operar baixo a supervisión de especialistas do Complexo Hospitalario da Coruña. Este quirófano experimental forma parte do curso organizado pola Sociedade española de cirurxía torácica e cardiovascular que este ano ten como sede o Centro Tecnolóxico de Formación do CHUAC.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/09/2019