Médicos piden un novo confinamento para fear a pandemia en España
Publicado o 31/12/2020 20:39
España chega á fin do ano en situación de risco extremo. A incidencia da covid supera de media os 265 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días, e cos contaxios disparados nalgunhas comunidades. Só en Madrid, por exemplo, os contaxios aumentaron por riba dun 30% na última semana. Algúns médicos piden volver ao confinamento. Ou freamos os contactos, din, ou colapsa o sistema sanitario.
"Utilicen a posibilidade dun confinamento curto no tempo pero intenso porque iso pode facer baixar as cifras de contaxios, as cifras de ingresos en áreas de críticos e UCIS e ao mesmo tempo pode permitir que a economía poida continuar", asegura Jaume Padrós, presidente do Colexio de Médicos de Barcelona