CRTVG

Buscar

Médicos de Vigo preparan unha folga para maio

Publicado o 24/04/2019 08:32

Médicos de Atención Primaria da área de Vigo crearán un comité de folga para preparar un paro en maio. Así o decidiron nunha asemblea en que deixaron en suspenso outra das medidas de presión que estudaban. Non van renunciar á formación de novos residentes, pero advirten de que o farán no futuro se se mantén a sobrecarga asistencial nas consultas.

A negociación co Sergas retómase o venres en Santiago. Onte, a xuntanza foi co comité de folga dos PAC. Rematou, segundo os representantes dos traballadores, con poucos avances.

Noticias web

24/04/2019