CRTVG

Buscar

Médicos de toda España están chamados a unha manifestación hoxe en Madrid

Publicado o 07/03/2019 08:42

• Os xefes de servizo de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo dimisionarios abandonan a reunión con Sanidade

• Galicia e Euskadi reúnense co obxectivo de mellorar a Atención Primaria

Médicos de toda España están chamados a unha manifestación hoxe en Madrid que irá ata o Congreso dos Deputados. A mobilización convocouna a Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en defensa da dignidade da profesión e para pedir máis recursos para a sanidade pública. Está prevista unha concentración ante o Ministerio de Sanidade, de onde marcharán ata o Congreso para ler un manifesto coas súas reivindicacións.A protesta conta co apoio de todas as organizacións do Foro da Profesión Médica de España.

Os xefes de servizo de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo dimisionarios abandonan a reunión con Sanidade porque estaba presente o equipo directivo do Sergas da súa zona. Este encontro co conselleiro fora solicitado polos propios médicos, para avaliar os avances no falado na reunión que mantiveran con Almuíña hai mes e medio, pero a condición que puxeran era que non acudisen as persoas que estaban, precisamente, na sala co conselleiro. Así foi que, ao velos, marcharon.

Posta en común de inciativas para mellorar a Atención Primaria entre Galicia e Euskadi. O conselleiro vasco reuniuse co presidente da Xunta en Santiago para compartir experiencias na xestión sanitaria de dúas comunidades cun reto común: o avellentamento da poboación.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/03/2019