CRTVG

Buscar

Medalla de ouro para o queixo Mouro da Capela, bañado en café e canela

Publicado o 07/11/2018 14:41

Competían con 3.400 queixos de 41 países, pero os desta cooperativa eumesa lograron facerse notar no concurso mundial de Noruega. Un bronce para a tetilla e un ouro para o mouro, a última creación das mestras queixeiras. Un semicurado de codia escura, conseguida cun baño natural de café e canela.

Parte do segredo do Mouro e dos demais queixos da Capela está aquí, na cuba do leite. Sempre usan leite cru, vivo, sen pasteurizar cos matices dos pastos da zona. Chega acabado de muxir das granxas dos socios e transfórmano manualmente no seu pequeno obradoiro.

Leite cru, artesanía e un i+D do máis imaxinativo, con queixos con chourizo, aceite ou café, distinguen esta cooperativa nos mercados de dentro e fóra de Galicia. Unha estratexia coa que dan estabilidade e prezo á produción leiteira da contorna.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2018