CRTVG

Buscar

Maya non ten piedade das súas ex compañeiras do Deportivo Abanca

Publicado o 18/10/2020 14:32

Dous goles da xaponesa Maya Yamamoto foron decisivos na terceira derrota da temporada para o Deportivo Abanca. Malia dominar o partido o equipo de Manu Sánchez foi sempre a remolque.

Primeiro empatou Athenea (1-1), logo igualaría Peke (2-2) pero xa non houbo maneira de reaccionar diante do terceiro gol anotado por Maya, o segundo da súa conta. A ex xogadora do Deportivo sentenciou ás que foran as súas compañeiras.

Noticias web

18/10/2020