CRTVG

Buscar

May propón adiar o 'brexit' ata o 30 de xuño e Tusk ofrece un ano

Publicado o 05/04/2019 19:42

A unha semana da nova data prevista para que o Reino Unido deixe o club comunitario, a primeira ministra británica volve pedir un adiamento do divorcio ata o 30 de xuño. En Bruxelas analizan a petición con dúbidas. 

Desde a capital comunitaria fanlle unha contraoferta a Theresa May e, así, de novo, os socios europeos recuperan o control do calendario do brexit. O presidente do Consello quere que os estados acepten ofrecerlle ao Reino Unido unha prórroga máis longa, non ata o 30 de xuño como pide May. Adiar o divorcio un ano, polo menos, aínda que coa opción de que os británicos deixen o club comunitario antes, no momento no que ratifiquen o acordo de saída.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/04/2019