May presenta no Parlamento o seu plan alternativo para o 'brexit'
Publicado o 21/01/2019 08:25
A primeira ministra británica, Theresa May, presentará este luns no Parlamento o seu plan alternativo do Brexit. May intentará sunar os apoios necesarios para este plan "b", despois de que os deputados rexeitaran por ampla maioría o texto negociado coa Unión Euroepa.
O obxectivo da primeira ministra británica é que poida ser votado o próximo martes 29 de xaneiro. Algúns xornais locais revelan que May proporá asinar un tratado bilateral con Dublín que permita eliminar a garantía negociada con Bruxelas para evitar unha fronteira física entre as dúas Irlandas.